ANAINAS SKIN PEACE arquivos - Creativas Galegas https://creativasgalegas.gal/marcas/anainas-skin-peace/ Asociación de creativas e artesáns | Mercado da creatividade Sat, 21 Feb 2026 02:02:46 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.8.1 https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/12/Favicon_pos.svg ANAINAS SKIN PEACE arquivos - Creativas Galegas https://creativasgalegas.gal/marcas/anainas-skin-peace/ 32 32 Xel & Champú https://creativasgalegas.gal/producto/xel-champu/ Wed, 28 Feb 2024 10:21:39 +0000 https://creativasgalegas.gal/producto/xel-champu/ Xel e Champú para todo tipo de peles, totalmente natural e vegano.

La entrada Xel & Champú se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
Marca: Anainas

Xel e Champú específicamente deseñado para a infancia. Resulta perfecto para todo tipo de peles, mesmo as máis sensibles e problemáticas. Indicado para recentemente nados, bebés, peques e persoas adultas.

Hidrata, suaviza e limpa con delicadeza respectando a barreira dérmica. Rexenera e restaura o equilibrio da pel e o cabelo. Achega calma e alivio á irritación, non pica nos ollos. Aclárase facilmente.

Grazas aos seus principios activos orgánicos e aos seus  tensioactivos suaves e naturais é ideal para todo tipo de peles. Todos os seus ingredientes son naturais, sostibles e de orixe vexetal.

Enriquecido con  Camomila, Tomiño, Salvia e Avea, que engadimos en forma de  avenantramidas, un concentrado de activos que potencian os efectos  calmantes,  suavizantes e antioxidantes.

Propiedades

Forma unha agradable capa de escuma que se aclara facilmente. Ideal para usar desde o primeiro día. Momentos agradables e relaxantes asegurados na hora do baño!

Sen perfumes nin  colorantes engadidos.

Libre de transxénicos.

Ingredientes de orixe vexetal.

Produto Vegano.

Ingredientes

Cada ingrediente está presente por unha boa razón:

Camomila: Obtida directamente da flor. Rexenera, suaviza e calma a pel. Actúa como  tonificante natural.

Avea: Engadida en forma de avenantramidas, un concentrado dos activos que potencian os efectos  calmantes, suavizantes e antioxidantes da avea. Inhibe a inflamación, reduce a irritación e prevén o  enroibamento.

Salvia: Obtida de plantas de cultivos sostibles, criadas en condicións  xéricas (extremadamente secas) para potenciar o seus efectos. Achega unha hidratación profunda e de longa duración. Potencia o efecto barreira da pel.

Tomiño: Escollido entre unha selección de follas e flores. Protexe das agresións externas e achega propiedades antioxidantes.

Listado INCI de Ingredientes: aqua, decyl glucoside, sodium lauroyl lactylate, cocamidopropyl betaine, propanediol, coco-glucoside, hydrogenated starch hydrolysate, maltooligosyl glucoside, sodium cocoyl glutamate, chamomilla recutita (matricaria) flower extract, thymus vulgaris (thyme) flower/leaf extract, betaine, avena sativa (oat) extract, salvia sclarea extract, citrus aurantium amara fruit extract, citrus reticulata fruit extract, citrus sinensis peel extract, glycerin, tocopherol, guar hydroxypropyltrimonium chloride, benzyl alcohol, sodium chloride, potassium sorbate, sodium benzoate, sodium hydroxide, citric acid, lactic acid.

Modo de emprego

Usar tantas veces como sexa necesario sobre pel e cabelo húmidos ou engadir na auga de baño. Apto dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas, para toda a familia.

La entrada Xel & Champú se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
Crema Hidratante https://creativasgalegas.gal/producto/crema-hidratante/ Wed, 28 Feb 2024 10:21:39 +0000 https://creativasgalegas.gal/producto/crema-hidratante/ Crema facial e corporal para todo tipo de peles, totalmente natural e vegana.

La entrada Crema Hidratante se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
Crema hidratante especialmente formulada para a infancia, ideal para todo tipo de peles mesmo as máis sensibles e esixentes. Apta dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas.

Hidratante, protectora, emoliente, antioxidante e calmante. Potencia o efecto barreira da pel e brinda alivio e protección en peles irritadas, arroibadas ou con proído.

O seu segredo está na súa delicada fórmula con todos os seus ingredientes naturais, sostibles e de orixe vexetal. É especialmente eficaz tratando e aliviando as peles máis problemáticas, imaxina os seus resultados sobre a pel sa!

Enriquecida con Manteiga de karité ecolóxica, Caléndula, Regalicia e Aceite de oliva virxe extra ecolóxico, procedente de olivas recollidas a man no seu punto de maduración e de primeira presión en frío.

Propiedades

Suave e doada de estender. Absórbese rapidamente, achega unha duradeira sensación de  hidratación e calma que permanece durante horas.

Sen perfumes nin colorantes engadidos.

Libre de transxénicos.

Ingredientes de orixe vexetal.

Produto Vegano.

Ingredientes

Cada ingrediente está presente por unha boa razón:

Manteiga de  Karité: Elaborada a man mediante o método tradicional, por unha cooperativa que  empodera comunidades de mulleres rurais no norte de Ghana, respectuosa e sostible. Achega unha hidratación intensa de longa duración e actúa como protector solar natural.

Aceite de Oliva: Virxe extra e de primeira presión en frío. De orixe ecolóxica e provinte de olivas de cultivos sostibles recollidas a man no seu punto de maduración. Rexenera, nutre e suaviza a pel.

Caléndula: Obtida da flor. Calma profundamente, reduce a inflamación e rexenera a estrutura da pel.

Regalicia: Obtida da raíz da planta. Protexe grazas ás súas propiedades antimicrobianas e antioxidantes. Atrapa os radicais libres.

Listado INCI de Ingredientes: aqua, butyrospermum parkii (shea butter), olea europaea oil, calendula officinalis flower extract, glycyrrhiza glabra (licorice) root extract, coco-caprylate/caprate, hydrogenated olive oil unsaponifiables, cetearyl olivate, sorbitan olivate, olive oil polyglyceryl-6 esters, cetearyl alcohol, sodium stearoyl lactylate, betaine, propanediol, citrus aurantium amara fruit extract, citrus reticulata fruit extract, citrus sinensis peel extract, glycerin, tocopherol, saccharide isomerate, benzyl alcohol, xanthan gum, sodium citrate, citric acid, lactic acid.

Modo de emprego

Usar tantas veces como sexa necesario masaxeando suavemente sobre a pel limpa de cara e corpo. Apta dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas, para toda a familia.

La entrada Crema Hidratante se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>