Creativas Galegas https://creativasgalegas.gal/ Asociación de creativas e artesáns | Mercado da creatividade Mon, 17 Apr 2023 16:48:06 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.8.1 https://creativasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/12/Favicon_pos.svg Creativas Galegas https://creativasgalegas.gal/ 32 32 Galicia, fonte de inspiración para o noso traballo https://creativasgalegas.gal/creando-en-galicia-para-o-mundo/ https://creativasgalegas.gal/creando-en-galicia-para-o-mundo/#respond Mon, 17 Apr 2023 16:48:06 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=10637 Como marcas galegas que somos, Galicia sempre está presente no noso traballo. No que contamos a través dos deseños, nos materiais empregados, na calidade e o ritmo do bo facer galego (herdado dos nosos devanceiros e devanceiras)… Non o podemos evitar, non o queremos evitar. Así sentimos e integramos a nosa terra en cada obra ... Ler máis

La entrada Galicia, fonte de inspiración para o noso traballo se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Como marcas galegas que somos, Galicia sempre está presente no noso traballo. No que contamos a través dos deseños, nos materiais empregados, na calidade e o ritmo do bo facer galego (herdado dos nosos devanceiros e devanceiras)… Non o podemos evitar, non o queremos evitar.

Así sentimos e integramos a nosa terra en cada obra e así o contamos con orgullo.

Damos a coñecer Galicia a través dos nosos oficios, as nosas tradicións e como as reformulamos aos novos tempos sen perder a esencia do que somos 🌲

Somos, Creativas Galegas!

La entrada Galicia, fonte de inspiración para o noso traballo se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/creando-en-galicia-para-o-mundo/feed/ 0
Coñecendo a Belategui Regueiro https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_belategui-regueiro/ https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_belategui-regueiro/#respond Mon, 17 Apr 2023 16:43:38 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=10633 Luísa e Óscar. Na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, en San Xiao de Cela (Cambre), atopamos o obradoiro no que traballan, moi ben complementados, Luísa e Óscar. Dúas persoas de mente curiosa, que xamais acouga (por sorte para nós). En 1986, a súa inquietude achegounos a un tear de madeira. Fascinoulles ... Ler máis

La entrada Coñecendo a Belategui Regueiro se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Luísa e Óscar.

Na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, en San Xiao de Cela (Cambre), atopamos o obradoiro no que traballan, moi ben complementados, Luísa e Óscar. Dúas persoas de mente curiosa, que xamais acouga (por sorte para nós).

En 1986, a súa inquietude achegounos a un tear de madeira. Fascinoulles tanto ese mundo que xa non saíron del. Ao carón de moitos mestres artesáns foron traballando, investigando e afondando en proxectos individuais e colectivos.

En 2004 fundaron Belategui Regueiro, para facer desta arte apaixonante, o seu medio de vida. Belategui Regueiro son os segundos apelidos das súas nais, os que sempre se perden. Como homenaxe a elas e ás mulleres que nos educaron no respecto á contorna e no aproveitamento de materiais, crearon esta marca. Por iso, e porque baixo o apelido dunha nai sabían que se esixirían producir só pezas que as puidesen honrar.

Todo o que fan está tecido en tear de madeira, con fibras nobres e respectuosas como son o liño, a la, a alpaca ou a seda. Os tinguidos tamén son naturais, aproveitando os propios pigmentos das plantas da súa contorna.

A súa mente inqueda, RSE e innovación van mais alá, e podedes atopar entre a súa obra, bolsos tecidos no tear a partir de traxes de neopreno desbotados e tamén de fibras de caucho recuperadas das rodas de bicicleta que van ao lixo.

Consumo responsable, pezas exclusivas, materiais de calidade e traballo impecable, non é estraño que estes artesáns colaboren con firmas de alta costura.

Web: https://www.belateguiregueiro.com/brt…

Facebook: https://www.facebook.com/belateguireg…

Instagram: https://www.instagram.com/belategui_r…

La entrada Coñecendo a Belategui Regueiro se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_belategui-regueiro/feed/ 0
Coñecendo a Soledad Mato https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_soledad-mato/ https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_soledad-mato/#respond Mon, 17 Apr 2023 16:30:06 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=10621 Soledad Mato Defínese a si mesma como xoieira de profesión e artesá de vocación. Esta profesional da ourivaría dedicou toda a súa vida laboral, “taitantos” anos, á creación de xoias, cun estilo propio moi característico e sempre fiel a él. Todas as súas pezas están feitas en prata, mais este metal, na maioría das súas ... Ler máis

La entrada Coñecendo a Soledad Mato se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Soledad Mato

Defínese a si mesma como xoieira de profesión e artesá de vocación.

Esta profesional da ourivaría dedicou toda a súa vida laboral, “taitantos” anos, á creación de xoias, cun estilo propio moi característico e sempre fiel a él.

Todas as súas pezas están feitas en prata, mais este metal, na maioría das súas obras, é a base que alberga e recolle ás que son as súas grandes aliadas, as pedras naturais.

Nas “imperfeccións” destas pedras está a singularidade e a exclusividade que lle confire a súa propia formación xeolóxica, para chegar aquí ata nós, coas formas e cores que nos amosan. Soledad desfruta procurando, e contando, que fai que unha pedra sexa única e exclusiva, e polo tanto, que cada xoia sexa irrepetible.

Ela di que é xoieira e artesá, e nós engadimos que é unha transmisora de historias, ademais dunha fonte reveladora de truquiños sinxelos, moi útiles, para a nosa vida cotiá.

Web: https://artesaniadegalicia.xunta.gal/…

Facebook: https://es-es.facebook.com/soledadmat…

Instagram: https://www.instagram.com/soledadmato/

La entrada Coñecendo a Soledad Mato se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_soledad-mato/feed/ 0
Coñecendo a Quenindiola https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_quenindiola/ https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_quenindiola/#respond Mon, 17 Apr 2023 16:09:28 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=10617 Marcos García Arte e artesanía inspirada en Galicia. Marcos, Yago e Isabel, son os creadores desta marca santiaguesa #fresca, #elegante e #divertida. Cun estilo gráfico baseado nas formas bidimensionais do románico galego e catro cores identificativas (azul, vermello, branco e negro), elaboran estes deseños que versan sobre a nosa cultura, historia e patrimonio. Obras de ... Ler máis

La entrada Coñecendo a Quenindiola se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Marcos García

Arte e artesanía inspirada en Galicia.

Marcos, Yago e Isabel, son os creadores desta marca santiaguesa #fresca, #elegante e #divertida. Cun estilo gráfico baseado nas formas bidimensionais do románico galego e catro cores identificativas (azul, vermello, branco e negro), elaboran estes deseños que versan sobre a nosa cultura, historia e patrimonio.

Obras de arte en formato pequeno, estampadas sobre materiais como madeira, tea, que se caracterizan por estar quenindiola!

Web: http://quenindiola.com/es/

Facebook: https://www.facebook.com/Quenindiola/

Instagram: https://www.instagram.com/quenindiola…

#elegante #divertida #fresca

La entrada Coñecendo a Quenindiola se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_quenindiola/feed/ 0
Coñecendo a María Feijoo https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_maria-feijoo/ https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_maria-feijoo/#respond Mon, 17 Apr 2023 16:02:48 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=10613 María Feijoo Na creación de obras orixinais e exclusivas, a través da pintura, é no que baseou María o seu proxecto de arte. Sobre lenzo, seda ou algodón, deixa que as súas emocións se expresen. Co tempo, María aprendeu a “non buscar e deixar que ocorra”. Unha parte importante das súas obras están pintadas sobre ... Ler máis

La entrada Coñecendo a María Feijoo se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

María Feijoo

Na creación de obras orixinais e exclusivas, a través da pintura, é no que baseou María o seu proxecto de arte.

Sobre lenzo, seda ou algodón, deixa que as súas emocións se expresen. Co tempo, María aprendeu a “non buscar e deixar que ocorra”.

Unha parte importante das súas obras están pintadas sobre lenzo, aínda que cada vez mais, a pintura sobre a seda natural ou o algodón vai gañando espazo ao lenzo para converterse en exclusivos complementos. Pezas orixinais da pintora compostelá, ideais para vestir e lucir como obras de arte que son. É o caso dos fulares, pendentes, colares, garavatas, lazos…

Web: https://mariafeijoo.com/

Facebook: https://www.facebook.com/people/Mar%C…

Instagram: https://www.instagram.com/feijoo_maria/

La entrada Coñecendo a María Feijoo se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_maria-feijoo/feed/ 0
Coñecendo a amorote printing workshop https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_amorote-printing-workshop/ https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_amorote-printing-workshop/#respond Mon, 17 Apr 2023 15:49:19 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=10610 Sandra de Rego Sandra é a nosa raíña da estampación artesanal. En papel, téxtil, madeira… A esta deseñadora gráfica, formada nas distintas técnicas de estampación, non hai soporte que se lle resista! Desde o seu taller en Ames imprime motivos de inspiración galega sobre materiais ecolóxicos e de comercio xusto. Amante da nosa terra galega, ... Ler máis

La entrada Coñecendo a amorote printing workshop se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Sandra de Rego

Sandra é a nosa raíña da estampación artesanal.

En papel, téxtil, madeira… A esta deseñadora gráfica, formada nas distintas técnicas de estampación, non hai soporte que se lle resista!

Desde o seu taller en Ames imprime motivos de inspiración galega sobre materiais ecolóxicos e de comercio xusto.

Amante da nosa terra galega, quere plasmar a través do deseño, iconas que a representan. Ademais de traballar por encargo para outras pequenas e grandes empresas, personalizando os seus produtos, tamén organiza talleres presenciais para que ti mesmo/a deseñes o teu propio produto estampado (acompañado/a sempre polas mans de artesás cualificadas).

Web: https://amorote.com/

Facebook: https://www.facebook.com/amoroteprint…

Instagram: https://www.instagram.com/amoroteprin….

La entrada Coñecendo a amorote printing workshop se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/as-marcas-do-colectivo_amorote-printing-workshop/feed/ 0
O por que dunha tenda colectiva https://creativasgalegas.gal/creativas-galegas_o-valor-do-colectivo/ https://creativasgalegas.gal/creativas-galegas_o-valor-do-colectivo/#respond Mon, 17 Apr 2023 15:24:04 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=10602 Formar parte dun grupo heteroxéneo no que as persoas partimos de habilidades e experiencias diferentes e traballamos en sectores do mais diversos, obriga a que todos e todas as integrantes do mesmo aprendamos a cooperar e a coordinarnos para conseguir un mesmo obxectivo común. Isto supón un reto de autocoñecemento diario, de análise do grupo ... Ler máis

La entrada O por que dunha tenda colectiva se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Formar parte dun grupo heteroxéneo no que as persoas partimos de habilidades e experiencias diferentes e traballamos en sectores do mais diversos, obriga a que todos e todas as integrantes do mesmo aprendamos a cooperar e a coordinarnos para conseguir un mesmo obxectivo común.

Isto supón un reto de autocoñecemento diario, de análise do grupo e das súas funcións individuais e colectivas, saír da zona de confort para adaptarse cada vez mais a esa diversidade e en consecuencia, unha gran aprendizaxe e crecemento persoal.

Pouco a pouco as marcas Creativas Galegas imos aprendendo a navegar dentro desta diversidade colectiva e sabedes que é o que sempre destacamos? A aprendizaxe adquirida dunhas a outras e como pouco a pouco nos imos convertendo na mellor versión de nós.

La entrada O por que dunha tenda colectiva se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/creativas-galegas_o-valor-do-colectivo/feed/ 0
Coñecendo a Juan Fuente https://creativasgalegas.gal/conecendo-a_juan-fuente/ https://creativasgalegas.gal/conecendo-a_juan-fuente/#respond Wed, 02 Mar 2022 12:38:36 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=7920 “ Vender por vender non é o fin. Vender porque alguén leve algo que está feito por ti, ese é o fin: compartir”

La entrada Coñecendo a Juan Fuente se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Unha idea orixinal de Laura González.

Que mellor fórmula hai para coñecer o traballo dun artista que a de que sexa el mesmo o que nos fale sobre o seu proceso creativo?

Compartimos convosco un podcast que vai espertar a vosa alma imaxinativa, dende a voz dos seus protagonistas. Unha visión sobre as diferentes marcas que aniñan baixo o colectivo de Creativas Galegas dende o seu interior. En cada un dos capítulos que conforman esta paisaxe sonora coñeceremos e escoitaremos ás persoas que se agochan tras estas marcas.

Neste capítulo presentamos a Juan Fuente que nos falará do seu proxecto e nos mostrará a forma de expresar a súa arte.

A marca:

Tejeluz, arte en vidro.

Quen está detrás do proxecto:

Juan Fuente.

Profesión:

Artesán vidreiro.

Breves pinceladas da técnica empregada:

Son variadas as técnicas coas que traballar o vidro; é un mundo inmenso. Eu traballo unha que se chama fusing e ven sendo a fusión do vidro.

A idea xeral detrás do meu proxecto é a de levar o concepto das grandes vidreiras de cores a algo mais pequeno que podes levar posto.

Ao ser un proceso totalmente artesanal dá lugar a pezas únicas, exclusivas.

Momento ou motivo de inicio do proxecto:

O momento no que decidín que quería canalizar a creatividade que poxa por saír do meu interior e facelo a través dun material que coñezo moi ben, o vidro.

Ademais de que coñezo moi ben este material, tamén me fascina cando vexo a maxia que fai o vidro cando o alcanza o sol. É moi difícil esquecer e deixar de lado esa imaxe máxica. Para min o vidro e a luz son amantes.

Tamén me aporta unha satisfacción moral o feito de estar facendo un traballo sostible, cun material non contaminante e reciclable. É  un pracer persoal, recuperar certos vidros que  me parecen fermosos e van ser desbotados, para darlle una segunda vida .

Que debe plasmar o traballo final:

Ten que espertar sensacións, emocións, e debe ser un traballo que transmite harmonía, fermosura e elegancia. Esa é a meta.

O vidro é altamente expresivo e pode contarnos moitas cousas a través da vista. É un material que comunica alegría e “a felicidade tamén se ve”.

Unha película, un libro e unha canción de inspiración:

O amor imposible” de Porco Rosso é moi poético.

A estética e as ideas subxacentes en “2001. Unha odisea do espazo” son moi estimulantes.

“Luca”, vina recentemente coa miña nena e gustoume moito pola súa carga emotiva, porque mostra xente diferente e fala da loita polos soños, da superación…

As novelas de Julio Verne foron marabillosas na miña xuventude e no seu momento ler “O Hobbit” resultoume impactante.

En canto á música, para min é tan emotiva que se me fai difícil escoller unha soa peza, mais se teño que elixir un só autor diría David Bowie.

Un consello para alguén que quere emprender no eido cultural galego:

Moito amor polo que fai e persistencia. É unha maratón  que require unha mellora constante.

O mellor consello recibido?

Pode que escoitar. Escóitao todo, mírao todo e faino teu.

Toda gran obra está formada por moitos pequenos detalles xa existentes e a arte está en como se combina todo iso. É coma un cóctel, non se descobren os ingredientes, senón o xeito de combinalos.

Por que formar parte de Creativas Galegas? Que pode aportar e que aporta?

Por unha parte polo feito de estar nunha comunidade que te entende, que pensa coma ti e fala o teu idioma. E en segundo lugar porque che pode axudar a poñer en valor o teu produto.

La entrada Coñecendo a Juan Fuente se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/conecendo-a_juan-fuente/feed/ 0
A nosa homenaxe a Rosalía de Castro https://creativasgalegas.gal/a-nosa-homenaxe-a-rosalia-de-castro/ https://creativasgalegas.gal/a-nosa-homenaxe-a-rosalia-de-castro/#comments Wed, 23 Feb 2022 16:05:33 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=7776 “Es feliz el que soñando, muere. Desgraciado el que muera sin soñar”

La entrada A nosa homenaxe a Rosalía de Castro se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Rosalía de Castro é para moitos e moitas de nós, unha referente creativa.

Fonte de inspiración, orgullo de predecesora, icona da nosa cultura e muller grande onde as haxa.

Queriamos facerlle unha homenaxe diferente a esta galega universal. Mais, a esta creativa da que tanto se falou e se segue falando, que podiamos facerlle para honrala?

Cada quen elixiu o texto dela que mais lle inspira, o que mellor a representa, a obra coa que quere recordala, ou aquela que lembra con mais agarimo.

E con esta lectura colectiva, vaia a nosa humilde homenaxe.

M_Cabana: Mercedes

Xacobleas: Pilar e as súas meniñas, Carmen e Carla

Lios_a_Color: Elena

La con agarimo: Desiree e a súa pequena, Celeste

Maite Fajardo

BJ Canle: Elena

Macatina ilustraciones: Agustina

Tejeluz: Juan

Slowbasic: Bea e os seus compañeiros e compañeiras da Escuela Superior de Arte Dramático de Galicia: Pedro, Sara e Víctor

Adanegra: Mª Nieves

Quenindiola: Isabel

Paripepop: Marcos

Nobelo a nobelo: María del Carmen

Celia Pía

Amorote: Sandra de Rego

Baia Fernández

Créditos da música Danse of Questionable Tuning by Kevin MacLeod http://incompetech.com Creative Commons — Attribution 4.0 International — CC BY 4.0 Free Download / Stream: https://bit.ly/kevin-macleod-doqt Music promoted by Audio Library https://youtu.be/5xNHg5tVb7s

La entrada A nosa homenaxe a Rosalía de Castro se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/a-nosa-homenaxe-a-rosalia-de-castro/feed/ 2
Coñecendo a Nuria Prado e Yesenia Guerrero https://creativasgalegas.gal/conecendo-a_nuria-prado-e-yesenia-guerrero/ https://creativasgalegas.gal/conecendo-a_nuria-prado-e-yesenia-guerrero/#respond Fri, 18 Feb 2022 10:09:33 +0000 https://creativasgalegas.gal/?p=7665 “Brigantia está dentro das nosas almas porque naceu con nós”

La entrada Coñecendo a Nuria Prado e Yesenia Guerrero se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>

Unha idea orixinal de Laura González.

Que mellor fórmula hai para coñecer o traballo dunhas artistas que a de que sexan elas mesmas as que nos falen sobre o seu proceso creativo?

Compartimos convosco un podcast que vai espertar a vosa alma imaxinativa, dende a voz dos seus protagonistas. Unha visión sobre as diferentes marcas que aniñan baixo o colectivo de Creativas Galegas dende o seu interior. En cada un dos capítulos que conforman esta paisaxe sonora coñeceremos e escoitaremos as persoas que se agochan tras estas marcas.

Neste capítulo presentamos a Nuria Prado e Yesenia Guerrero que nos falarán do seu proxecto e nos mostrarán a forma de expresar a súa arte.

A marca:

Brigantia Orfebres.

Quen está detrás do proxecto:

Nuria Prado e Yesenia Guerrero.

Profesión:

Xoiería Artística.

Breves pinceladas da técnica empregada:

Facemos xoiería artesanal empregando técnicas ancestrais do oficio tradicional. Facemos deseños contemporáneos introducindo técnicas características da xoiaría compostelá, como a filigrana e o acibeche. Inspirámonos na nosa contorna, na natureza e a cultura que nos rodea.

Momento ou motivo de inicio do proxecto:

Aínda que dende que nos coñecemos na Escola de Arte sabiamos que algún día teriamos o noso propio taller, o momento causante foi hai 3 anos. Aí démonos conta de que necesitabamos expresarnos por nós mesmas, coa nosa propia marca, e xestionar o noso tempo e creatividade.

Que debe plasmar o traballo final:

Alma e beleza. Cada peza conta unha historia e leva un cachiño noso; que transmita todo iso é o máis importante para nós.

Unha película, un libro e unha canción de inspiración:

Non somos moito de películas.

Se algo nos define e nos une ás dúas, son as series. Inspírannos moito as series históricas, épicas e de fantasía porque nos encanta fixarnos nas caracterizacións.

En canto aos libros recomendamos “El camino del artista”, de Julia Cameron, que é una guía para encontrarte contigo mesmo e coa túa creatividade.

E a nosa banda sonora no taller é a BSO de “Guardianes de la galaxia” polo bo rollo que nos transmite e porque nos activa.

Un consello para alguén que quere emprender no eido cultural galego:

Emprendede sempre con algo que che guste porque o camiño vai ser duro, mais se che gusta o que fas, sempre merecerá a pena.

O mellor consello recibido?

Nunca dar un presuposto no momento no que che fan o encargo. Sempre é mellor pensalo con calma para dar o prezo axeitado.

Por que formar parte de Creativas Galegas? Que pode aportar e que aporta?

Nós sempre cremos que unindo forzas se chega máis lonxe e se abren máis portas; iso é o que está a ocorrer con Creativas Galegas. Unímonos marcas moi diferentes, cunha mesma esencia da cal poden saír sinerxías, proxectos en común e coworking…, sen esquecernos das magníficas persoas que hai detrás de cada marca.

La entrada Coñecendo a Nuria Prado e Yesenia Guerrero se publicó primero en Creativas Galegas.

]]>
https://creativasgalegas.gal/conecendo-a_nuria-prado-e-yesenia-guerrero/feed/ 0